18/06/20

FELICES VACACIÓNS!!! ATA SEMPRE!!!

Con esta última entrada, despedimos o curso.
Foi un pracer ser a vosa mestra e estar convosco estes dous últimos cursos.
Unha nova etapa está a agardar por vós. Será unha experiencia estupenda.

Nada mellor para pechar o curso que cantar. Aquí vos deixo un agasallo musical. Agardo que vos guste.

Unha aperta moi grande.

06/05/20

O PAPAGAIO

Xa podedes ler o novo número da revista "O Papagaio" na web do colexio en 6º.

18/04/20

O PAPAGAIO

     Xa chegou o número de abril da revista "O Papagaio". Podedes lela na web do colexio en 6º (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalvarezlimeses/).
    Se queredes, tamén podedes ler algún número anterior desta revista, atoparédela no mesmo sitio.

29/03/20

TAREFAS PARA A SEMANA DO 30-III AO 3-IV

     Ola! Bo día!
     Como imos seguir de corentena uns días máis, propóñovos novas fichas de traballo para as distintas áreas. Podedes descargalas da web do colexio, do mesmo xeito que as anteriores, están en 6º (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalvarezlimeses/).
     É conveniente que sigades repasando os contidos traballados ao longo do curso.
     Hai aquí no blog un novo apartado, é para plástica, nel podedes atopar ideas para facer algún traballo manual.
     Gozade coa familia e axudádea todo o que poidades. Non vos desanimedes, que axiña volveremos á normalidade.
     Se tendes cousas que dicirme, facédeo a través do apartado "Falamos un pouco?" (aquí á dereita).

22/03/20

RECURSOS OFERTADOS POLA TELEVISIÓN GALEGA E POR RTVE

Por se é do voso interese, comunícovos que a partir do luns 23 de marzo dará comezo:
- Na CRTVG pola G2, entre as 11 e as 13 horas, un bloque educativo para apoiar ao alumnado galego.
- En Clan TV e na 2 de RTVE un programa con contidos pedagóxicos relacionados coas distintas áreas. O horario será de 5 horas pola mañá (9 a 14), os contidos relacionados con 6º serán de 11 a 12 horas.

13/03/20

TRABALLO PARA OS VINDEIROS DÍAS NOS QUE NON HAI CLASE



MATEMÁTICAS
  • Repasar números decimais e enteiros.
  • Cálculo (sumas, restas, multiplicacións e divisións con decimais).
  • Operacións con fraccións (sumas, restas, multiplicacións e divisións).
  • Repasar múltiplos, divisores, potencias, proporcionalidade, porcentaxes…

LINGUA GALEGA - LINGUA CASTELÁ
(Alternar o traballo das linguas, un día LG e outro LC)
  • Escribir un pouco cada día,coidando facer unha letra lexible e sen erros ortográficos. Pódese escribir unha nota, un conto, unha noticia, unha información sobre un país,…
  • Ler moitísimo
  • Repasar todos os contidos estudados e traballados na clase:
-        Verbos
-        Pronomes tónicos e átonos
-        Demostrativos, posesivos, numerais e indefinidos
-        Adverbios
-        Acentuación
-        Signos de puntuación
-        Campo semántico e familia de palabras
-        Diminutivos, aumentativos e despectivos
-        Palabras primitivas, derivadas e compostas
-        Etc

CIENCIAS SOCIAIS
  • Repasar a unidade 5: “España no século XIX”

CIENCIAS DA NATUREZA
  • Pódese ir lendo a unidade 5: “A materia e os seus cambios”

PLÁSTICA
  • Composicións con regra e compás.

Tamén se poden facer as actividades propostas neste blog de 6º para todas as áreas.